Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adeus ao asentamento da Pasaxe: comeza a demolición da última infravivenda que quedaba

Adeus ao asentamento da Pasaxe: comeza a demolición da última infravivenda que quedaba

O asentamento iniciouse hai 38 anos á beira da ría do Burgo, e nel chegaron a vivir máis de 300 persoas

G24.gal 04/04/2024 14:48

Foi a culminación dun proceso que leva anos aberto. As máquinas derrubaban a última infravivenda do poboado da Pasaxe, ao pé da ría do Burgo. É a fin dun asentamento que naceu hai 38 anos. Nel -conta un antigo habitante- chegaron a vivir máis de 300 persoas, que se dedicaban á chatarra, á venda ambulante ou ás atraccións de feira.

O Concello empezou a realoxalos en 2019, e en 2022 marcharon as últimas familias: todos, menos un. Explica o Concello que este derradeiro residente rexeitou todas as alternativas de realoxo que lle deron, así que houbo que abrir a vía xudicial para botalo.

Os recursos que presentou para tentar frear o desaloxo foron desestimados, e o pasado domingo cumpríase o prazo para que deixara o poboado. Marchou para a casa dun familiar, antes de que chegara o dispositivo organizado para executar a derruba.

Ao tempo que se derrubaba a última chabola da Pasaxe, demolían outras dúas construcións que foran escenario de ocupacións ilegais. A demarcación de Costas, responsable dos terreos, culmina así o operativo para recuperar esta ribeira da ría do Burgo. Hai xa un proxecto de reurbanización destes terreos, que conectarán co paseo marítimo da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade