Publicador de contidos

Publicador de contidos

A educación pública dálles a benvida aos novos mestres

A educación pública dálles a benvida aos novos mestres

Empezan a traballar no ensino público os 2.011 mestres que superaron a última oposición

É a primeira vez que se realizan estas xornadas de benvida

Conferencia de Mar Romera Morón durante o acto de benvida aos novos docentes
G24.gal 01/09/2022 14:55

Cun "hoxe empeza todo" foron recibidos os novos docentes do sistema educativo público. Para un 50% dos que conseguiron a praza vai ser o seu primeiro traballo, outros xa teñen experiencia previa.

"Eu xa tiven a oportunidade de empezar a traballar e como conseguir isto é que había tempo que non tiña esa ilusión polo traballo e é algo bastante emocionante", conta María Cortizo, nova mestra de Cangas do Morrazo

Malia a falta de experiencia algúns xa teñen moi claro cales son as claves do traballo que van emprender.

"O principal en educación é escoitar os nenos que vas a atender, saber o que necesitas e a partir de aí empezar a traballar, non podes pretender chegar ti e impoñer", explica  Miguel Ángel Fernández, novo mestre de Triacastela

Nesa liña faloulles a principal conferenciante, a mestra Mar Romera, unha referente para todos eles e autora de varios libros de didáctica na escola. As súas palabras callaron moi fondo.

"Moi, moi emocionante, mira píllanme agora e veño chorando", dille á conferenciante unha rapaza

A este acto de benvida asistiu o conselleiro de Educación que subliñou a importancia do traballo de ser mestre, a vocación e o compromiso para formar a sociedade do futuro. Tamén falou do bo estado de saúde do ensino galego.

"Temos unha das taxas en Galicia de interinos máis baixas do Estado. Estamos nun 8% aproximadamente, a media de España está nun 25%, algunhas comunidades autónomas superan o 40%", apunta Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades

É a primeira vez que se realiza esta xornada de benvida. Hoxe participaron docentes de infantil e primaria, mañá farano os de secundaria e educación especial. En total incorpóranse 2.011 dos que o 75 por cento son mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade