Cargando resultados...
Activado o aviso amarelo por fortes treboadas no interior de Galicia
Prevense chuvascos en case toda Galicia, tamén na costa
Poden ser treboadas fortes nalgúns puntos e con sarabia
As treboadas irán desaparecendo pola noite
G24.gal
10/08/2022 14:24
Última actualización 10/08/2022 14:39
Meteogalicia activou o aviso amarelo por tormentas en practicamente todo o interior de Galicia. Aínda que non se desbotan, serán máis raras na costa, onde si está previsto que chova. De feito, esta mañá xa chovía na mariña luguesa.
Peregrinos e veraneantes tamén agradecen a chuvia, aínda que non todos do mesmo xeito. Con moita precaución, Meteogalicia agarda que a auga sexa máis abundante a próxima semana.
As tormentas de hoxe poden ser fortes nalgúns puntos e chegar acompañadas de sarabia. Irán desaparecendo pola noite. Os meteorólogos prevén que nos próximos días baixen as temperaturas.