Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achégase o San Xoán e A Coruña prepárase

Achégase o San Xoán e A Coruña prepárase

Máis de 400 persoas integran o dispositivo especial de seguridade

G24.gal 31/05/2022 14:24

Volve o San Xoán, e na cidade hai ganas de festa "despois de dous anos, é bo para a cidade". Por iso o paseo marítimo pechará ao tráfico ás sete da tarde, á mesma hora en que está previsto que comece a repartición de madeira.  

"Pedimos que por favor non se baixe ás praias con madeira propia porque haberá 120 toneladas para repartir", segundo comenta a alcaldesa.

E a partir das dez da noite quedará prohibido o baño. Máis de catrocentas persoas integran o dispositivo especial de seguridade, que este ano como novidade inclúe tres puntos violeta como espazos seguros que ofrecen información a toda a cidadanía en xeral e en todo caso asesoramento e atención especializada a adolescentes e mulleres novas en materia de violencias machistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos