Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achégase a fin de TikTok nos móbiles de empresa?

Achégase a fin de TikTok nos móbiles de empresa?

A Comisión Europea prohibiu aos seus traballadores empregar TikTok nos móbiles corporativos

G24.gal 24/02/2023 14:50 Última actualización 24/02/2023 15:06

A seguridade de toda a información que gardamos nos terminais móbiles está detrás desta decisión da Comisión Europea de prohibir TikTok nos teléfonos oficiais.

Unha medida que non afecta os móbiles persoais dos traballadores. Empresas e cidadáns apostan por ser cautos no uso deste tipo de aplicacións.

"Considero normal que prohiba o uso de determinado tipo de aplicativos que non son de confianza. O maior problema é que vulneren a nosa privacidade e os datos non estean baixo protocolos seguros", apunta Enrique Alberto Moldes Moreira, responsable de tecnoloxía do grupo Visual MS.

Moitas compañías xa teñen limitada a descarga de aplicacións en teléfonos corporativos. Se ben TikTok é unha das máis coñecidas, os expertos advirten que hai moitas máis que poden supoñer un risco para a seguridade dos nosos datos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade