Cargando resultados...
Acepta case 11 anos de prisión por ameazar e acosar xuíces e avogados en Vigo
Ademais, o acusado terá que indemnizalos con máis de 6.000 euros por lesión e danos morais
G24.gal
13/01/2026 12:17
Un home aceptou penas que suman case 11 anos de prisión e multas por 9.000 euros como autor de varios delitos de inxurias, acoso e ameazas graves proferidas contra varios avogados, xuíces e policías en Vigo.
A sentenza foi ditada este martes nunha vista de conformidade celebrada na praza tres da sección penal de Vigo, na que o acusado, R. C. F., recoñeceuse autor dos feitos.
Ademais das penas de prisión e as multas o procesado deberá pagar indemnizacións por máis de 6.000 euros por lesións, danos morais, danos e outros conceptos.
O acusado, para o que a Fiscalía pedía inicialmente 25 anos de cárcere, compareceu ante o tribunal procedente de prisión.