Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acéndense as alarmas no Pontevedra despois da derrota en Valdebebas

Acéndense as alarmas no Pontevedra despois da derrota en Valdebebas

Derrota por 1-0 nun partido que se parou durante dez minutos por unha falsa alarma

Marcou Sergio Arribas no minuto 96

G24.gal 06/11/2022 14:29

Onde se acenden as alarmas é no Pontevedra que seguirá unha xornada máis en postos de descenso. Durante unha hora aguantou ó Real Madrid Castela que tivo como mellor aproximación o gol anulado por claro fóra de xogo de Álvaro Rodríguez.

Pero conforme pasaban os minutos ían chegando as ocasións, sobre todo coa participación do talentoso Sergio Arribas.

Logo veu o parón e unha secuencia de acontecementos que acabou por afundir os granates. Primeiro a expulsión de Luis Martínez. E no 96 o tanto de Arribas aproveitando un rexeite de Cacharrón. Un punto de quince como visitante, aí é onde ten que mellorar o Pontevedra para buscar a permanencia na Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade