Cargando resultados...
Os bombeiros liberan dúas persoas atrapadas no coche tras envorcar na AP-9
O vehículo deu varias voltas de campá e quedou enriba do gardarraíl á altura da parroquia viguesa de Cabral

G24.gal
10/12/2023 13:49
Última actualización 10/12/2023 14:17
Os servizos de emerxencias auxiliaron este domingo dúas persoas que envorcaron nunha saída de vía na AP-9 en Vigo.
Segundo informa o 112, o accidente produciuse ás dez da mañá entre os quilómetros 156 e 157 da autoestrada, ao seu paso pola parroquia de Cabral.
Tras dar varias voltas de campá, o coche quedou enriba do gardarraíl e as dúas persoas que ían dentro non eran capaces abandonalo polos seus propios medios.
Os bombeiros de Vigo liberáronas tras forzar a porta, aínda que non foi necesario empregar material de excarceración.
