Acaba o serial de Marcos Alonso, que renova por dúas tempadas co Celta
Foi o futbolista de campo con máis minutos na última tempada con 3.759 en 43 partidos nos que fixo un gol
Foto Celta
Acabouse o serial, e Marcos Alonso continuará unha tempada máis no Celta. Neste tempo de vacacións o central madrileño aproveitou para reflexionar e finalmente aceptou a oferta dun Celta que sempre quixo a súa continuidade Alonso chegou ao conxunto vigués no verán do 2024 procedente do FC Barcelona e, durante estas dúas tempadas, foi un fixo para Claudio Giráldez.
En concreto, o defensor acumula 76 partidos en dúas tempadas (33 na primeira e 43 na última), como certifica o feito de que fose o futbolista de campo con máis minutos na última tempada con 3.759 en 43 partidos nos que fixo un gol.
Nos seus 2 anos en Vigo marcou cinco goles. Ata a data, o Celta realizou dous movementos confirmados: a renovación de Iago Aspas por unha tempada máis e a fichaxe de Aleix Febas, Marcos Alonso debe converterse no terceiro.
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 Marcos Alonso renova ata 2028!
— Celta (@RCCelta) July 8, 2026
O defensa madrileño afrontará a súa terceira tempada como celeste nunha nova aventura europea.
Seguimos xuntos, @marcosalonso03! 🙌🩵