Publicador de contidos

Publicador de contidos

Últimas horas para encher o depósito do coche co prezo bonificado

Últimas horas para encher o depósito do coche co prezo bonificado

A partir do domingo a axuda será exclusiva para profesionais do transporte, da pesca e da agricultura

G24.gal 31/12/2022 14:39 Última actualización 31/12/2022 14:57

Cos carburantes en prezos similares aos da primeira semana do pasado mes de abril, cando o goberno español implementou a medida de axuda, remata a bonificación dos 20 céntimos para particulares.

As gasolineiras teñen traballo dabondo este sábado porque a xente quere encher o depósito por última vez co prezo subvencionado.

A partir de agora, a medida establecida en abril deste 2022 manterase só para profesionais do transporte, da pesca e da agricultura. 

A supresión do desconto supón unha perda de media de 11 euros nun depósito duns 55 litros. Algunhas das grandes compañías aseguran que manterán as bonificacións a partir do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar