Cargando resultados...
Absoltos os ocupas do pazo da Fervedoira, en Lugo
O denunciante non compareceu no xuízo nin acreditou ser o propietario do inmoble

G24.gal
25/05/2022 12:32
Última actualización 25/05/2022 12:46
Absoltos os tres membros dunha familia acusados de ocupar o pazo da Fervedoira, en Lugo. O denunciante non compareceu no xuízo nin acreditou ser o propietario do inmoble, polo que o maxistrado sentenciou a absolución dos acusados. O edificio está ás aforas da cidade. Foi un restaurante nos 70 e máis tarde empregado como bordel.
No momento da ocupación por parte de tres membros da mesma familia, o inmoble estaba desocupado e á venda.