Abril marca o inicio dos traballos na horta
É o momento de comezar coa preparación do terreo para sementar as hortalizas propias do verán, e nos viveiros xa aprecian a demandan de plantas para os hortos particulares
Nun paseo polos hortos urbanos de Lugo vemos que nalgunhas parcelas xa comezaron cos traballos propios do mes de abril, limpar o terreo e deixalo preparado para sementar.
Nos viveiros recoñecen que nesta época xa comezan a demandarlles plantas para cultivar. Os responsables dun destes negocios comenta que lles piden cebolas, porros, coliflor, brócoli e "dentro de pouco xa se poderá plantar o pemento e o tomate fóra".
Veñen na busca de plantas, porque valoran os cultivos da casa. Comentan algúns clientes que cando tes un terreo "apetece plantar e recoller".
Habitualmente este mes marca o inicio da maioría de cultivos de verán.