Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre o prazo para solicitar as axudas ao agro da política agraria europea

Abre o prazo para solicitar as axudas ao agro da política agraria europea

A convocatoria das PAC de 2026 oferta 4.897 millóns de euros para 585.000 agricultores e gandeiros

G24.gal 01/02/2026 10:36 Última actualización 01/02/2026 10:50

O 1 de febreiro bota a andar o prazo para solicitar as axudas da PAC para este ano 2026 con case 5.000 millóns de euros que se van repartir entre 585.000 agricultores e gandeiros.

Ata o 30 de abril vai estar aberto o prazo para a solicitude destas axudas da Política Agraria Común europea que este ano oferta 8 millóns de euros máis que na convocatoria do ano pasado.

En canto remate o prazo, durante o mes de maio poderán presentarse modificacións da solicitude e corrixir os erros nos expedientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade