Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre o desvío da A-6 para axilizar o tráfico en Pedrafita

Abre o desvío da A-6 para axilizar o tráfico en Pedrafita

Para os usuarios a solución é un parche xa que o desvío non evita o traxecto pola nacional e tampouco o paso por Pedrafita

G24.gal 20/07/2022 14:49

Os primeiros vehículos xa usan o novo desvío, desde o enlace conectan coa A-6.  Seis quilómetros máis por autovía, pero que saben a pouco.

E é que o novo desvío non evita o traxecto de catro quilómetros pola nacional e tampouco evita o paso por Pedrafita.

Para afastar parte do tráfico de Pedrafita haberá que esperar ao outono, cando se abra o enlace desde túnel á nacional sexta. 

"Evitaranos o engorro de tráfico que temos na vila a diario", dixo José Luis Raposo alcalde de Pedrafita.

A mesma espera para o transporte especial. Habilitaranlles o túnel nos dous sentidos da circulación para facilitarlles o paso durante a madrugada. Mentres tanto haberá axudas para o sector.

"Bonifacións ao cen por cento tanto na AP-9 como na AP-53 mentres non teñamos esta alternativa", José Miñones. Delegado do Goberno

Son as autoestradas que usa agora para chegar ao porto de Ferrol o transporte eólico, o máis afectado polo corte da A-6 debido ás súas dimensións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade