Abre as súas portas na Coruña o maior estudio virtual de España
Coruña Estudo Inmersivo permitirá multiplicar a competitividade do sector audivisual galego
O audiovisual galego é un dos sectores económicos con máis proxección nos últimos anos. Detrás hai moito talento e creatividade, pero faltaban as infraestruturas. Este novo estudio virtual, que permite recrear calquera escenario, vén multiplicar as súas posibilidades de desenvolvemento.
"Este é un proxecto de pais que vai contribuír a que o sector audiovisual se desenvolva aínda máis. É froito dunha colaboración público-privada. O sector privado ten unhas necesidades e o público acompaña", explica Alfonso Blanco, presidente do Clúster Audiovisual Galego.
A posta en marcha deste espazo vai acompañada dun plan de formación dos especialistas para manexar uns equipos de vangarda, únicos en España. "O director desde o minuto cero vai poder ver como queda o resultado final porque cos novos sistemas e aplicacións de intelixencia artificial pódese controlar en tempo real calquera elemento", di Manuel Mejide, responsable do Estudio Coruña Inmersiva.
O proxecto Coruña Estudio Inmersivo custou 9 millóns de euros, que chegaron a través de fondos europeos. Agora iniciarase unha segunda fase con dous novos estudios que vai financiar a Xunta de Galicia a través do IGAPE.