Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre ao tráfico un dos carrís na rúa do Carballiño cortada pola rotura dunha tubaxe

Abre ao tráfico un dos carrís na rúa do Carballiño cortada pola rotura dunha tubaxe

Os veciños recuperaron o servizo de auga onte á tarde

Hai sete garaxes afectados e aínda falta avaliar os danos nos inmobles e nos vehículos

G24.gal 03/05/2022 10:32 Última actualización 03/05/2022 14:43

Continúan os traballos para reparar a tubaxe que onte asolagou varios baixos. Foi na rúa Calvo Sotelo do Carballiño. A situación de hoxe non ten nada que ver coa que se viviu onte todo o día, que foi unha sensación de caos coa rúa cortada.

Hoxe xa se abriu ao tráfico un dos carrís, e os bombeiros xa se retiraron, xa deixaron de achicar auga despois de onte estiveron todo o día sacando auga dos garaxes. Continúan os traballos de recuperación. Xa se realizaron os traballos de substitución da tubaxe e os veciños aos que lle cortaran a auga xa a recuperaron o servizo onte á tarde.

Son sete os garaxes afectados. No soto 2 dun dos edificios aínda hai bastante auga e ver realmente cal é o alcance dos danos e cantos coches hai afectados.

Unha canalización de fibrocemento, da auga da traída, foi a causa dos asolagamentos. Rompeu dúas veces: a primeira de madrugada, mentres os veciños durmían. Non se decataron ata que baixaron ao garaxe e o viron cheo de auga.

Tito Fernández Otero, presidente da comunidade de veciños: "Saíu un veciño da parte de atrás a traballar e deu a voz de alarma ás sete da mañá". 

A segunda rotura producíase á noitiña, cando xa os bombeiros estaban para marchar, tras un día enteiro achicando auga. "Repararon na rúa, pero á noite volveu romper, e aquilo parecía un manancial", comenta Fina, unha veciña afectada.

Os veciños ían chegando ao longo da mañá ao garaxe máis afectados para comprobar os danos.

"Tiven sorte de non ter o coche dentro, se non estropeábamo todo. Debaixo hai varios coches e motos. Tamén estropeou a caldeira da calefacción", explica Constante, un dos veciños afectados.

No segundo andar, onde está a caldeira, aínda hai abundante auga e barro. Anegouse ata o teito e aínda custa acceder, de maneira que é complicado avaliar de momento o alcance dos danos.

Tito Fernández Otero, presidente da comunidade de veciños: "Tres ou catro coches, dúas motos e, no segundo coche, tamén hai coches. E a caldeira da calefacción inundouna completamente. O notario veu onte tres veces, pero non se puido baixar porque acabaron de achicar a auga ás once da noite".

A avaría ocasionou tamén cortes na subministración de auga que afectaron uns mil veciños de varias parroquias, pero quedaron reparados en cuestión de horas. 

As roturas de tubaxes nesa zona do Carballiño son habituais pola antigüidade da rede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade