Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre ao tráfico o segundo treito da vía de altas prestacións Tui-A Guarda

Abre ao tráfico o segundo treito da vía de altas prestacións Tui-A Guarda

Alfonso Rueda comprometeuse a licitar antes de fin de ano o seguinte tramo ata Tomiño

G24.gal 28/02/2024 15:15

Este mércores abre ao tráfico o segundo treito da autovía Tui-A Guarda, o que comunica o polígono empresarial de Areas coa A-55. Son máis de 2 quilómetros en que se investiron 26 millóns de euros.

"O camiño son as vías de alta capacidade, sen peaxe, e, onde haxa peaxe, conxelalo, como levamos facendo dous anos en Galicia, e establecer bonificacións para usuarios máis recorrentes. Gustaríame que rendese o exemplo", indicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na posta en servizo desta nova conexión viaria. 

O presidente destacou a relevancia do novo tramo da autovía Tui-A Guarda para conseguir unha "vertebración fundamental" entre o sur de Galicia e Portugal.

Con esta nova ligazón, os usuarios que se despracen de Tui á Guarda poderán acceder de forma sinxela a autovía que une Vigo e Portugal (A-55) desde o polígono de Areas. O dirixente asumiu o compromiso de completar esta infraestrutura "ata o final" e conectala coa PO-350, un tramo de ligazón cuxo proxecto está en redacción e a intención do Goberno galego é que sexa licitado antes de que conclúa o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos