Cargando resultados...
Abel González capitaneará o proxecto do Mecalia Guardés
A directiva confía no que era o segundo adestrador de José Ignacio Prades
G24.gal
18/05/2022 21:26
Relevo no Mecalia Guardés. José Ignacio Prades, que non seguirá, cédelle o sitio ó seu segundo. Abel González, técnico asturiano residente en Galicia desde hai anos, será o primeiro adestrador a próxima temporada.
A entidade do Baixo Miño aposta pola continuidade. Amais de ser o axudante de Prades, e antes o de Manu Etayo, é tamén coordinador da canteira do equipo da Guarda.