Publicador de contidos

Abegondo continúa a ser un fortín para o Deportivo Abanca

Abegondo continúa a ser un fortín para o Deportivo Abanca

Sumou o quinto triunfo como local logo de gañarlle por 2-1 ao Athlétic B

G24.gal 07/11/2021 10:29

Cinco partidos como local do Deportivo Abanca e cinco vitorias na Segunda División feminina. A última vítima foi o Athlétic B que perdeu por 2-1. 

Todos os goles foron conseguidos na segunda metade. María Ruiz adiantou ás galegas ao transformar un lanzamento de penalti. Contra o final do partido Ale Serrano sentenciou ao marcar nun contragolpe. O tanto de Landaluce no 94 foi a última xogada do partido e non inquedou o triunfo dun Deportivo Abanca que se pon con 19 puntos na clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos