Publicador de contidos
Publicador de contidos

A zona do alto Miño e a do baixo Sil están en prealerta por escaseza de auga

A zona do alto Miño e a do baixo Sil están en prealerta por escaseza de auga

Os caudais dos ríos están en Galicia un 19,4 % por debaixo da media histórica

As reservas nos encoros están ao 63,5%

G24.gal 27/08/2023 19:12 Última actualización 27/08/2023 19:35

A escaseza de chuvia desde a primavera está a afectar as reservas de auga, polo que a Xunta estendeu esta semana a prealerta por seca ao río Lérez en Pontevedrra e ao río Grande en Camariñas, á vez que mantén a xa declarada hai unhas semanas no Anllóns. Na conca do Miño-Sil, hai prealerta por escaseza de auga nas zonas do alto Miño e na do Sil baixo.

Despois de meses de poucas chuvias os caudais dos ríos reséntense. Están en Galicia un 19,4 por cento por debaixo da media histórica. Aínda así, a situación de seca, polo momento, non é tan preocupante coma a do verán pasado.

"En canto ás precipitacións, lévanse recollido no ano hidrolóxico 1.207 litros por metro cadrado. Por estas mesmas datas o ano pasado, que si había seca tecnicamente falando, recolléranse 631 litros. Estamos a falar do dobre. As reservas nos encoros ao día de hoxe están ao 63,5%, o ano pasado estaban ao 48%, estamos na media histórica", di José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Aínda así, a escaseza de auga pon en prealerta algúns territorios de Galicia, coma a zona do alto Miño e a do baixo Sil. 

Desde a Confederación Hidrográfica da Conca Miño-Sil sinalan que a situación aínda non é alarmante, pero depende das chuvias dos meses de setembro e outubro.

"Hai un territorio, que é o alto Miño, que está en prealerta, igual que o Sil baixo, e todo vai depender da pluviometría en setembro. Se agora en setembro as precipitacións están moi por debaixo dos 65 ou 60 litros por metro cadrado, ao final de setembro ímolo notar con máis territorios en prealerta, probablemente se sumen o Sil alto e A Limia, polo tanto a situación irá empeorando", engade.

Os concellos da conca do Miño-Sil recibiron xa unha serie de recomendacións que os conminan a tomar medidas de aforro e de concienciación da cidadanía sobre un uso responsable da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos