A Xustiza europea condena a España por non previr a contaminación da auga por nitratos da agricultura
A Xustiza europea condena a España por non previr a contaminación da auga por nitratos da agricultura
Galicia non está entre as oito comunidades autónomas afectadas
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou que España incumpriu a normativa comunitaria de protección das augas contra a contaminación producida por nitratos utilizados na agricultura e alegou que non adoptou "medidas adicionais ou accións reforzadas" contra esta contaminación.
O Tribunal con sede en Luxemburgo estima así, aínda que parcialmente, o recurso presentado pola Comisión Europea en decembro de 2022, que levou a España ante a Xustiza europea por incumprir varias das obrigacións desta normativa. A directiva, que deben cumprir todos os Estados membros, céntrase na contaminación por nitratos que xeran as actividades agrarias e gandeiras e obriga aos países a controlar as súas augas e identificar as zonas afectadas por este problema ou que son susceptibles de ser afectadas.
As Illas Baleares e as comunidades de Madrid e Valencia non protexeron zonas vulnerables para a captación de auga. Aragón, as dúas Castelas, Estremadura e Madrid non introduciron todas as medidas obrigatorias contra a contaminación por nitratos agrícolas. E Murcia tampouco adoptou as medidas adicionais.
Con esta nova condena, España reforza negativamente o seu posto como o país da UE con máis infraccións medio ambientais.