Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza europea avala a disolución do Popular e rexeita compensar os accionistas

A xustiza europea avala a disolución do Popular e rexeita compensar os accionistas

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE)  avalou a dislución porque non existían outras "medidas alternativas" que "puidesen impedir a inviabilidade de Banco Popular nun prazo de tempo razoable"

G24.gal 01/06/2022 13:22

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) avalou este mércores a disolución de Banco Popular tras desestimar na súa totalidade os recursos presentados por parte dos accionistas contra a resolución da entidade bancaria en 2017, e traspasada a Banco Santander por un euro, polo que rexeita a devolución do diñeiro das accións ou unha compensación aos demandantes.  

A sentenza o alto tribunal europeo, sobre a que cabe recurso, argumenta que a Xunta Única de Resolución (XUR) e a Comisión Europea "non incorreron nun erro manifesto de apreciación" ao considerar que Banco Popular "estaba en grandes dificultades ou probablemente ía telas".  

Así, apunta que a liquidación de Banco Popular adoptouse "validamente" e "con independencia" dos motivos que levaron á entidade bancaria a atoparse en dificultades.: Sostén que non existían outras medidas alternativas que "puidesen impedir a inviabilidade de Banco Popular nun prazo de tempo razoable".  

Ademais, o Tribunal Xeral sinala que o procedemento de resolución de Banco Popular "perseguía un obxectivo de interese xeral", o de garantir ao estabilidade dos mercados financeiros.  

A sentenza chega tras varias demandas presentadas por parte de fondos de investimento, particulares e fundacións, todos eles propietarios de accións de Banco Popular, que perseguían a anulación da disolución da entidade bancaria e reclamaban unha compensación ou a devolución da contía das accións.  

Entre os argumentos esgrimidos polos demandantes figuran a vulneración do dereito para ser oídos, xustificada a xuízo do TXUE polo obxectivo de garantir a estabilidade dos mercados financeiros; a vulneración do dereito á propiedade que o tribunal considerou "unha restrición xustificada", ou a delegación de facultades que a sentenza indica que "o lexislador da Unión confiou a unha institución a responsabilidade xurídica".  

O tribunal europeo confirma a legalidade do proceso emprendido pola XUR de solicitar á autoridade nacional de resolución, neste caso o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), que só contactase coas entidades implicadas no proceso de venda e non cos accionistas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade