Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza denega as probas propostas por Santi Mina e rexeita unha nova vista

A xustiza denega as probas propostas por Santi Mina e rexeita unha nova vista

Santi Mina foi condenado a catro anos de prisión por abusar sexualmente dunha muller

G24.gal 14/02/2023 15:57 Última actualización 14/02/2023 16:02

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSJA) denegou a admisión de todas as probas propostas pola defensa do dianteiro Santi Mina, condenado a catro anos de prisión por abusar sexualmente en Mojácar (Almería) dunha muller.

Nun auto, ao que tivo acceso EFE, o TSJA rexeita tamén celebrar unha nova vista, polo que procederá directamente a ditar sentenza tras o recurso de apelación presentado contra o fallo da Audiencia Provincial de Almería.

A avogada de Mina, Fátima Magdalena Rodríguez, solicitara novas probas, e na súa impugnación, o letrado da vítima, Iván Bolaño, reclamara que de ser admitidas, se practicasen outras "á súa instancia".

O alto tribunal andaluz expón, por exemplo, que "non pode esperarse utilidade algunha" dunha proba documental que consista en informacións de prensa durante o desenvolvemento da vista, ou baseada en declaracións "extraprocesuais" das partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade