Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta vai activar de xeito inmediato axudas para os afectados polo lume

A Xunta vai activar de xeito inmediato axudas para os afectados polo lume

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno de Sánchez máis coordinación na loita contra os incendios e que envíe a axuda a Galicia canto antes

Este sábado declaráronse en Galicia 39 incendios, os servizos de extinción puideron apagar 29 deles

G24.gal 16/08/2025 14:47

Alfonso Rueda pídelle a Pedro Sánchez máis coordinación entre as administracións e tamén que envíe axuda de xeito inmediato: "Necesitamos agora mesmo: 20 bulldozers cos seus maquinistas para movementos de terra; dous helicópteros ou avións para tarefas de coordinación de extinción de incendios, 30 motobombas e os seus condutores, 3 subministradoras de 25.000 litros para abastecemento dos camións de extinción e uns 200 soldados".

A Xunta vai poñer en marcha axudas para os afectados e pídelle ao Goberno Central que tamén o faga coa maior celeridade posible.

"Inmediatamente, non máis tarde do primeiro Consello da Xunta de Galicia que celebremos, imos publicar as axudas necesarias para darlles un respiro a todos aqueles que perderon os seus bens", asegura Rueda.

Este sábado houbo en Galicia 39 novos incendios, os servizos de extinción puideron apagar 29 deles. O presidente Rueda lembra que a maioría son provocados no momento en que máis dano fan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade