A Xunta reclama o cambio de ancho de vía da alta velocidade
Permitirá os trens circular a máis velocidade, reducindo os tempos das viaxes
Reclama unha reunión co Ministerio para planificar a actuación canto antes
Ao Goberno galego preocúpalle que non se estean a cumprir os tempos comprometidos nas viaxes da alta velocidade en Galicia. Reclama unha reunión co Ministerio para planificar canto antes o cambio de vía que permita aos trens circular a máis velocidade.
A presidenta do ADIF que mantivo unha reunión de traballo hoxe en Vigo non quixo facer declaracións sobre os informes enviados pola Xunta coas alternativas para cambiar o ancho ibérico da vía a internacional.
A chegada dos trens Avril prevista para o segundo semestre só aforrarán 20 minutos, xa que o ancho de vía actual limita a súa velocidade. A conselleira de Infraestruturas insiste en que se trata dunha obra imprescindible para sacar o máximo rendemento á alta velocidade en Galicia.