A Xunta proponse reducir en seis anos a incidencia do cancro en Galicia
O conselleiro de Sanidade expón as vantaxes da tecnoloxía para frear o avance da enfermidade
A Xunta proponse reducir en seis anos a incidencia do cancro na poboación galega.
A estratexia baséase no Plan europeo de loita cotra o cancro aprobado no ano 2021 pola Comisión Europea, e ten como obxectivo lograr estilos de vida saudables, incidir na prevención e sobre todo lograr un aumento dos diagnósticos temperáns.
Estas son as liñas xerais que esta tarde expuxo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nas xornadas Plans do cancro: de Europa a Galicia.
Comesaña salientou a necesidade de darlle unha maior tranquilidade ao doente e a mellor calidade de vida posible.
Ademais lembrou que Galicia era pioneira na introdución e na extensión dos cribados poboacionais e asegurou que a tecnoloxía xogará un papel fundamental para frear o avance do cancro.