Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta propón a Susana Rodríguez Gacio para os Premios Princesa de Asturias

A Xunta propón a Susana Rodríguez Gacio para os Premios Princesa de Asturias

No 2023 foi distinguida coa Medalla Castelao e co Premio Nacional do Deporte

G24.gal 14/03/2024 13:11 Última actualización 14/03/2024 13:17

A Xunta vai presentar a candidatura da triatleta Susana Rodríguez Gacio aos Premios Princesa de Asturias 2024.

Desde o Goberno galego subliñan que a traxectoria e os méritos deportivos converten a Rodríguez Gacio nunha das mellores deportistas españolas de todos os tempos.

A triatleta galega naceu con discapacidade visual e é a actual campioa paralímpica. No 2022 gañou o ouro mundial e europeo. Ademais de todo isto, compaxina a súa actividade deportiva coa medicina.

Precisamente esta conciliación fíxolle protagonizar no 2021 a portada da revista Time, onde contou ademais como viviu a pandemia de covid-19.

Xa no 2023, foi distinguida coa Medalla Castelao concedida polo Goberno autonómico e co Premio Nacional do Deporte (referido aos mellores deportistas do 2022).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar