Cargando resultados...
Sétimo título mundial para Susana Rodríguez Gacio
Logrou un novo título nas Series Mundiais en Australia
G24.gal
18/10/2025 10:49
A viguesa Susana Rodríguez Gacio agranda a súa lenda.
Vén se conseguir en Australia un novo título de campioa do Mundo de paratríatlon, o sétimo na súa brillante carreira deportiva.
Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez venceron comodamente a final das series mundiais na categoría para discapacitados visuais malia os problemas de costas que sufriu nos últimos días. Chegaron con máis de dous minutos de vantaxe sobre a segunda, a italiana Francesca Tarantello. Así que sétimo campionato do mundo para ela, que ademais é a vixente campioa olímpica e europea.