Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prevé licitar este ano 2.688 vivendas de promoción pública

A Xunta prevé licitar este ano 2.688 vivendas de promoción pública

Alfonso Rueda presentou este martes o plan para licitar novos pisos de protección pública para este ano cun investimento previsto duns 500 millóns de euros

(EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 29/01/2026 16:21

A Xunta de Galicia presentou este xoves o plan para licitar novos pisos de protección pública para este ano. A previsión inclúe case 2.700 vivendas en 55 obras que se van desenvolver nas catro provincias galegas. O importe ascende a 500 millóns de euros.

"Nunca houbo tanta necesidade" de vivenda "e con urxencia", asegurou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

"É unha necesidade social" que "probablemente nunca foi atendida co interese debido, agora tentaremos que así sexa", afirmou o titular da Xunta durante un acto con profesionais do sector da construción. 

Acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o presidente galego insistiu no obxectivo da Xunta de construír 4.000 vivendas públicas nesta lexislatura, para o que este ano se dará un forte impulso cun investimento de 498 millóns de euros.

"Nunca houbo unha proposta tan pechada, tan importante en investimento, tan medida en canto a prazos", dixo Rueda, que destacou que a vivenda é unha "necesidade social", polo que agradeceu a colaboración do sector da construción para poder atender a demanda dos cidadáns. 

Para conseguir facer vivendas de calidade en menos prazos, a Xunta impulsará a chamada construción industrializada, a que se fai por módulos. Isto permite axilizar prazos e contribúe a paliar a falta de man de obra mediante o uso de estruturas prefabricadas.

Durante a súa intervención indicou tamén que este ano a Xunta comezará a entregar as primeiras das 4.000 vivendas anunciadas. Na actualidade licitáronse 1.007 vivendas da que 889 están en construción, apuntou a conselleira nunha intervención anterior. 

Alfonso Rueda destaca que nunca a Xunta lle dedicara tantos recursos á vivenda. A maioría dos pisos construiranse nas grandes cidades e vilas onde se concentra a maior demanda de vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade