Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta presenta unha proposición de lei para conseguir a transferencia da AP-9

A Xunta presenta unha proposición de lei para conseguir a transferencia da AP-9

Ethel Vázquez culpa ao Goberno central de impedir a transferencia da AP-9 a Galicia

G24.gal 27/06/2023 12:52

A Xunta de Galicia presentou unha proposición de lei para conseguir a transferencia da titularidade da autoestrada AP-9, demanda consensuada no Parlamento de Galicia que continúa sen facerse realidade.

Así o explicou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quen lembrou que a Xunta leva 14 anos defendendo a necesidade da transferencia da “principal arteria de comunicación” de Galicia, a cal “vertebra o territorio onde viven e residen o 60 % dos galegos”.

A intención da Xunta é “non perder nin un só minuto”, dixo a conselleira antes de criticar o Goberno de Pedro Sánchez, do que comentou que “foi unha decepción porque impediu avanzar na transferencia da AP-9 no Congreso dos Deputados a pesar de ser un acordo unánime do Parlamento de Galicia”.

Esa é a razón, engadiu, pola que a Xunta pon “todos os mecanismos necesarios para culminar a transferencia da AP-9 canto antes”, a cal “debe vir cos fondos blindados tanto para as actuacións pendentes como para as bonificacións que están en marcha”.

Esa demanda, concluíu a conselleira, manteraa a Xunta de Galicia despois das eleccións xerais independentemente do Goberno que saia das urnas. 

A demanda da transferencia da AP-9 a Galicia chegará de novo ao Congreso dos Deputados. Vai ser a quinta vez, desta volta da man de senllas proposicións de lei presentadas polo PP e o BNG, toda vez que o texto lexislativo que se estaba a tramitar decaeu pola convocatoria de eleccións.

No PSdeG din estar a favor da transferencia pero suliñan o custo económico. O BNG culpa do retraso a populares e socialistas. E o Partido Popular di que Goberno de Pedro Sánchez retrasou a transferencia de xeito intencionado.

Din os populares que nesa transferencia deben blindarse os medios materiais e orzamentarios necesarios. O Congreso aprobara a última proposta en febreiro de 2021, pero nestes dous anos e medio o Goberno central non deu ningún paso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade