A Xunta presenta 32 cartas inéditas escritas por Curros Enríquez nos seus últimos anos de vida
Nesta recompilación tamén se reflicte as relacións con Emilia Pardo Bazán, Enrique Peinador, Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Chané

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na presentación dunha colección composta por 32 cartas inéditas que Curros Enríquez enviou ao seu amigo José Ojea Otero entre xuño de 1904 e xaneiro de 1908, algunhas delas escritas tres meses antes de falecer na Habana.
Na correspondencia reflíctese a amistar entre os dous galeguistas durante décadas e da relación coa familia.
O conselleiro de Cultura recoñeceu o valor deste epistolario dunha das "grandes figuras da literatura e do pensamento galego" e agradeceu a "boa disposición" de Delfina García Paadín, parente de José Ojea, para facer públicas as cartas manuscritas e algúns fragmentos doutras que non se conservan completas.
Está previsto que está colección poida pasar a formar parte "do legado histórico" que a Xunta "ten a responsabilidade de salvagardar" para as seguintes xeracións e que coñezan e profunden na identidade galega e nas persoas que contribuíron "a forxala".
"A través delas temos a oportunidade de achegarnos a Curros Enríquez desde outra perspectiva, a que propician as palabras de confianza cunha persoa, podendo redescubrir outros aspectos da súa personalidade, das súas vivencias e do seu contexto", apuntou o conselleiro.
Nesta recompilación tamén se reflicte as relacións con Emilia Pardo Bazán, Enrique Peinador, Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Chané, algúns dos nomes que aparecen entre as súas palabras.