Cargando resultados...
A Xunta pídelle ao Goberno que axilice o procedemento do bono xove de alugueiro
Ángeles Vázquez cre que as axudas son insuficientes
G24.gal
02/02/2022 14:35
Na Sectorial de Vivenda, a ministra trasladoulles ás comunidades os requisitos para acceder a estas axudas, que serán convocadas e xestionadas polas autonomías. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda demandou axilidade na tramitación dos bonos, que considera insuficientes e incompletos.
"No caso de Galicia, recibiriamos pouco máis de once millóns de euros, iso supón que imos chegar tan só ao 1,4 % dos mozos de entre 18 e 35 anos que cumpren requisitos. Pouco máis de 4.000 mozos dos 280.000 que van ter opción", dixo Ángeles Vázquez.