Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pídelle ao Goberno entrar a formar parte do Consello de Administración de Navantia

A Xunta pídelle ao Goberno entrar a formar parte do Consello de Administración de Navantia

O Goberno galego e empresarios do naval acordan medidas para impulsar o sector 

G24.gal 31/05/2022 15:00

O Goberno galego pídelle ao Goberno central entrar a formar parte do Consello de Administración de Navantia. Ve imprescindible esta participación para poder aproveitar os fondos europeos para impulsar o sector naval na nosa comunidade.

A Xunta ten o aval do Parlamento de Galicia e xa presentou a solicitude formal para participar na toma de decisións do estaleiro público que é o motor da economía da comarca e sustenta arredor de 12.000 empregos.

Os fondos europeos van servir para impulsar a modernización e dixitalización de todo o sector que move na nosa comunidade máis de 2.000 millóns de euros e supón o 3,5 % do PIB.

O plan pasa pola diversificación de proxectos, o financiamento de novas iniciativas e a creación dun contexto favorable para acoller novos investimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade