Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pide a Adif que reforce a roza nas vías tras os incendios de Ourense por causa dun tren

A Xunta pide a Adif que reforce a roza nas vías tras os incendios de Ourense por causa dun tren

Medio Rural reclama ao administrador ferroviario que detalle as medidas preventivas executadas este ano 

G24.gal 21/07/2026 12:44

A Xunta reclamou a Adif que reforce as tarefas de limpeza e roza da vexetación nas marxes das vías férreas tras os oito focos do incendio provocados a semana pasada polo paso dun tren de mercadorías na provincia de Ourense. 

A conselleira do Medio Rural María José Gómez explicou que o Goberno galego remitu unha carta ao presidente de Adif para solicitarlle información sobre as actuacións preventivas realizadas este ano e instouno a intensificar a xestión da biomasa para evitar novos episodios. 

Gómez lembrou que os oito incendios puideron ser controlados antes de que adquirisen maior dimensión, pero advertiu de que a prevención é especialmente necesaria nun verán marcado polas altas temperaturas e a seca. Tamén recordou o incendio rexistrado o pasado ano en Pantón (Lugo), iniciado preto da vía do tren e de difícil acceso para os equipos de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade