A Xunta outorga autorización ambiental a planta de fibra reciclada de Ence nas Pontes
O proxecto completa a tramitación ambiental previa á autorización que depende da Consellería de Economía e Industria
Ence alíase con ShareTex para facer unha planta de reciclaxe téxtil nas Pontes

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático outorgou a autorización ambiental integrada (AAI) á construción da planta de fibra reciclada que Ence proxecta nas Pontes, segundo publica este martes no Diario Oficial de Galicia.
Segundo explica a administración autonómica nun comunicado, tras a resolución emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o expediente volverá á Consellería de Economía e Industria, como órgano encargado de tramitar o conxunto do proxecto e de darlle a autorización definitiva se así o decide.
Ence prevé instalar unha fábrica para producir fibra branqueada a partir de papel e cartón recuperados, indica a empresa nun comunicado, co obxectivo é dar unha nova vida a estes materiais.
Ence asegura que a súa fábrica utilizará tecnoloxía de branqueo totalmente libre de cloro aplicada a fibras recicladas, convertendo restos de papel e cartón en produtos de alto valor engadido.
A nova instalación, segundo a empresa, situarase en terreos industriais do parque de carbóns da antiga central térmica e, de forma paralela, prevé impulsar unha prata piloto de reciclaxe téxtil.