Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recomenda usar a máscara en todos os espazos interiores

A Xunta recomenda usar a máscara en todos os espazos interiores

Recomendan especial precaución nas festas familiares, reunións de amigos ou celebracións privadas

Tamén aconsellan usar máscara en eventos masivos tanto en interiores coma ao aire libre

G24.gal 21/04/2022 20:22

As directrices da Consellería de Sanidade manteñen a recomendación, aínda que voluntaria, de usar a máscara en todos os interiores e eventos masivos ou aglomeracións aínda que sexan ao aire libre.

Con respecto ás escolas infantís, aínda "se está estudando detalladamente a situación", din dende Política Social.

Tamén se recomenda o uso das máscara aos colectivos vulnerables como maiores de 60 anos, persoas inmunodeprimidas e embarazadas.

E en xeral, a Xunta aposta por que se manteña o uso da máscara na contorna familiar, reunións de amigos ou celebracións de carácter privado en función da vulnerabilidade das persoas asistentes.

Tamén en espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan, como comercios, supermercados, museos e exposicións sempre que non sexa posible manter a distancia de seguridade de 1,5 metros entre persoas e a ventilación adecuada.

Ademais, tamén recomenda o seu uso nos espazos pechados en que as persoas permanezan un tempo prolongado sen que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal e unha adecuada ventilación como cinemas, teatros, salas de concertos, actos de carácter relixioso, salóns de beleza ou centros de estética.

Finalmente, tamén se recomenda o uso da máscara en eventos deportivos e musicais tanto interiores como exteriores, nos que non se manteña a distancia de 1,5 metros e sexan multitudinarios.

En canto aos empregados públicos, tamén recomenda o uso deste elemento de protección ás persoas vulnerables, cando non haxa distancia de 1,5 metros e en salas de reunións, espazos compartidos (incluídos aseos) e en desprazamentos de non conviventes.

Sen prexuízo diso, o servizo de prevención de riscos poderá facer unha avaliación do posto de traballo e determinar o uso da máscara.

A Xunta recomenda tamén o uso da máscara a toda a comunidade educativa. Ademais, lembra que é obrigatoria no transporte escolar, como o é para o transporte público.

As excepcións ao uso da máscara seguen sendo para os menores de seis anos, as persoas que pertenzan a algún colectivo con enfermidades ou dificultades respiratorias ou no caso de que a propia natureza da actividade resulte incompatible.

Cando se trata dun caso sospeitoso e confirmado de covid-19, así como de contactos estreitos, Educación apunta que se "recomenda especialmente" o uso da máscara de forma constante e evitar actividades que impliquen quitala. E engade a recomendación xeral "de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade