Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta inviste 15 millóns na licitación das primeiras 30 obras de mellora de centros educativos en 2025

A Xunta inviste 15 millóns na licitación das primeiras 30 obras de mellora de centros educativos en 2025

Enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, cuxo orzamento total alcanzará preto de 500 millóns de euros ata 2028

G24.gal 29/12/2024 12:17 Última actualización 29/12/2024 21:28

A Xunta acaba de licitar as primeiras 30 obras de mellora en centros educativos de Galicia para o ano 2025, cun importe de máis de 15 millóns de euros.

Estas obras enmárcanse no Plan de nova arquitectura pedagóxica, cuxo orzamento total alcanzará preto de 500 millóns de euros, segundo informa a Xunta de Galicia, e o investimento destas actuacións xa está contemplado nos orzamento de ano 2025.

O investimento inicial para o período 2025-28 é de máis de 267 millóns, que se suma aos 230 millóns executados entre 2021 e 2024 con intervencións en practicamente todos os centros.

Estas obras inclúen tanto a construción e a ampliación de centros, como rehabilitacións integrais, cambios de cuberta, actuacións de enerxías renovables e numerosas obras de mediana e pequena envergadura como instalación de ascensores ou renovación de aseos, entre outros.

A segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica "consolida un investimento sen precedentes nun dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta de Galicia, o dos centros educativos, integrado por ao redor de 1.600 edificios", di o Comunicado da Xunta de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar