Publicador de contidos

A Xunta insta o Goberno a aplicar a Lei da Cadea Alimentaria coa Conta Láctea

A Xunta insta o Goberno a aplicar a Lei da Cadea Alimentaria coa Conta Láctea

O conselleiro de Medio Rural fai un chamamento á distribución e á industria por un maior equilibrio na repartición de custos e beneficios.

David Fernández 04/11/2021 20:28

A reunión coas cooperativas e as organizacións agrarias galegas estivo marcada pola grave situación do séctor lácteo. Dende a Xunta de Galicia recoñeceron que se está a producir unha situación que en palabras do conselleiro José González podería definirse como unha "tormenta perfecta" pola suba dos prezos da luz, dos combustibles e das materias primas.

Reclaman ao Goberno que se aplique a Lei da cadea alimentaria e que se recoñeza a Conta Láctea como forma de acreditación do custo efectivo da produción.

"Non esta suficientemente regulada e nos tememos que quede en papel mollado e para evitar iso nos traballamos nunha regulación cunha ferramenta informatica, a conta láctea, que permite aos gandeiros calcular os costes de produción", asegurou o Conselleiro de Medio Rural, José González.

O conselleiro sinalou que se solidarizan cos gandeiros que hoxe se manifestaron en Lugo pero lembrou que a Xunta non pode fixar prezos mínimos pola normativa de competencia de restricións ao libre mercado. Si que fixo un chamamento á distribución e á industria por un maior equilibrio na repartición de custos e beneficios.

Hai que ser conscientes, tanto a industria como a distribucion, que o valor engadido do leite se ten que repartir entre toda cadea de valor e ten chegar aos agricultores e gandeiros"

José González subliñou tamén a necesidade de concienciar o consumidor final de que o leite non é un produto máis debido á súa importancia fundamental para un sector tan estratexico para Galicia como é o gandeiro e rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade