Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta dota o colexio Santiago Apóstol de Bos Aires dun polo creativo similar ao dos centros galegos

A Xunta dota o colexio Santiago Apóstol de Bos Aires dun polo creativo similar ao dos centros galegos

A dirección considera que os sitúa á vangarda da educación na Arxentina

Román Rodríguez na súa visita ao colexio Santiago Apóstol en Bos Aires Román Rodríguez na súa visita ao colexio Santiago Apóstol en Bos Aires
G24.gal 15/11/2024 19:56 Última actualización 15/11/2024 20:37

O Santiago Apóstol é o colexio da diáspora galega na Arxentina. Leva décadas contribuíndo á difusión da cultura galega e dos valores identitarios.

O conselleiro de Educación inaugurou o novo polo creativo do centro, que o equipara á realidade académica galega. 

"O colexio Santiago Apóstol é un centro galego e ten que ter o seu polo creativo para que os nenos e as nenas poidan dispoñer das tecnoloxías máis avanzadas para traballar en competencias como o audiovisual", di Román Rodríguez.

Os polos creativos son espazos educativos innovadores, a través dos que se fomenta a creatividade e as competencias dixitais, científicas e artísticas. 

Carlos Rodríguez Brandeiro, director do colexio Santiago Apóstol, di: "É un antes e un despois no noso traballo pedagóxico. Este polo creativo ponnos á vangarda da educación na Arxentina".

A Xunta contribúe ao mantemento do Santiago Apóstol a través de espazos coma este, de material e de profesorado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade