A Xunta destinará uns 60 millóns de euros para axudas dos autónomos en 2023
Axudas para crear e consolidar empresas e para facerlle fronte á suba das facturas
30 millóns de euros van destinados ao programa Impacto autónomo que contempla achegas directas de ata 1.500 euros
Pagar as facturas é unha das maiores dificultades con que se atopan os pequenos empresarios nestes tempos. Para botarlles unha man, a Xunta destinará este ano preto de 60 millóns de euros en distintos programas. Achegas para facerlle fronte ao incremento de prezos da enerxía ou ás materia primas que están a afogar os autónomos.
Para aliviar este sobrecusto poden acceder ata achegas directas de ata 1.500 euros, pero non é a única liña. Tamén hai outros programas como Xempre autónomo para aqueles que deciden empreder e montar o seu propio negocios ou o bono autónomo, que busca mellorar a competitividade e consolidar aqueles negocios que xa levan máis tempo.
Tras máis de dúas década traballando no mundo da decoración e interiorismo, Susana decidiu montar a súa propia empresa. Para pola en marcha contou cunha subvención de 3.000 euros. Destinou a achega a reformar o local primando a eficiencia enerxética para reducir as facturas.
Agora recibirá outros 8.500 euros de subvención do programa Xempre autónomo co que se apoia a actividade dos que decirion emprender nunha época complicada tanto pola pandemia como polo suba dos custos. As que recibiu Susana son algunhas das liñas de axuda que ten en marcha a Xunta para apoiar os autónomos.
30 millóns de euros van destinados ao programa Impacto autónomo, que contempla achegas directas de ata 1.500 euros para facer fronte á suba de prezos da enerxía e das materia primas. Axuda que xa solicitaron uns 30.000 autónomos.