A Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico a ampliación da fábrica de Alfaprogal en Palas de Rei
A Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico a ampliación da fábrica de Alfaprogal en Palas de Rei
A factoría, dedicada á elaboración de fariñas a partir de larvas de moscas, prevé multiplicar por cinco a súa produción
O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) a ampliación da fábrica de fariñas proteicas que a empresa biotecnolóxica Alfaprogal ten en Palas de Rei.
A factoría, dedicada á cría e engorde de larvas de moscas negras soldado para a súa transformación en fariñas para a alimentación animal e outros usos agrarios, prevé incrementar a súa produción "en ata cinco veces", explicou o presidente da Xunta, cun investimento estimado de 100 millóns de euros.
A previsión, explicou Alfonso Rueda, é comezar as obras de ampliación no primeiro semestre do próximo ano e crear uns cen novos postos de traballo.