Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta dá o visto e prace ao PXOM de Vigo e anuncia que financiará o túnel de Elduayen

A Xunta dá o visto e prace ao PXOM de Vigo e anuncia que financiará o túnel de Elduayen

O Concello deberá someter o Plan Xeral de Ordenación Urbana á aprobación do pleno

EFE 19/09/2024 16:23

A Xunta de Galicia remitiu ao Concello de Vigo o informe favorable do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo e dará o seu apoio económico á prolongación do túnel de Porta do Sol por baixo de Elduayen e o Paseo de Alfonso XII.

Así o anunciou este xoves en Vigo a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, durante unha intervención na tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, baixo o lema: "Construíndo a Galicia do futuro, máis humana e mellor conectada".

A conselleira subliñou a importancia deste paso, dado que o PXOM, que agora o Concello deberá someter a pleno, é o instrumento que dota de seguridade xurídica o desenvolvemento urbanístico da cidade.

Martínez Allegue, tal e como demandou esta semana o alcalde da cidade, Abel Caballero, indicou que a Xunta vai colaborar economicamente na construción do túnel de Elduayen.

Para iso, a Xunta introducirá unha partida para esta actuación nos Orzamentos de 2025 se o Concello tamén o fai, precisando que o Executivo autonómico destinará a esta intervención en Vigo o mesmo porcentaxe de financiamento que achegou ao túnel do Parrote na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos