Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta confirma a chegada "inminente" doutros 15 menores inmigrantes a Santiago

A Xunta confirma a chegada "inminente" doutros 15 menores inmigrantes a Santiago

Política Social denuncia que o Goberno "colou pola porta de atrás" unha trintena de menores, que se suman aos 317 asignados a Galicia

G24.gal 02/10/2025 14:34

A conselleira de Política Social, Fabiola García, confirmou este xoves que “de forma inminente” chegarán a Santiago de Compostela 15 menores migrantes e lamentou que o Goberno envíe a Galicia “pola porta de atrás” máis estranxeiros dos anunciados.

“Hoxe mesmo acabamos de decatarnos, de forma extraoficial, que o Goberno de Pedro Sánchez trasladará de forma inminente a Santiago 15 menores estranxeiros máis”, que se suman a outros 15 que chegaron a pasada semana á cidade da Coruña.

A conselleira, en declaracións remitidas aos medios, reprochou que o Goberno estea a enviar a Galicia menores “pola porta de atrás” e sen información á Xunta de Galicia.

Segundo a titular de Política Social, esta trintena de menores súmanse así aos 317 que Galicia terá que acoller por imposición do Goberno central, tal e como “pactaron Pedro Sánchez e (Carles) Puigdemont”, denunciou.

De forma paralela, o Goberno central remitiu este xoves o expediente doutros catro menores que se trasladarán e corresponderían á cota asignada a Galicia dos 317 menores a acoller na comunidade galega, co que xa ascenden a 24 os expedientes que tramita actualmente a Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade