Seis traballadoras de Lugo presentan unha queixa por acoso contra a edil de Benestar Social
Dende o consistorio aclaran que hai aberto un expediente aberto no comité de acoso laboral do Concello do que non hai aínda resolución

Seis das 16 traballadoras dos centros sociais municipais do Concello de Lugo presentaron unha queixa ante a Alcaldía contra a concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, por presunto acoso laboral.
"Hai un expediente aberto no comité de acoso laboral do Concello do que non hai resolución", explicaron fontes municipais consultadas por Europa Press.
Con todo, engadiron que "non consta ningunha denuncia" por este asunto. "Á concelleira non lle notificaron vía penal ou xudicial ningún tipo de requirimento", matizaron en relación a unha queixa que transcendeu agora, pero que se formalizou, concretaron, en xuño.
Desde o consistorio, e cuestionado sobre os motivos da mesma, vinculárona co feito de que a edil lles trasladase ás empregadas a obrigación de "facer o seu traballo de forma correcta".
Agora, e tras o documento recibido en Alcaldía, mantense aberto un expediente no comité de acoso laboral do Concello, do que por agora non hai resolución.