Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo escándalo na Policía polos audios dun comisario acosando unha subordinada

Novo escándalo na Policía polos audios dun comisario acosando unha subordinada

En marzo de 2025 o Ministerio de Interior recibiu a denuncia da axente e o comisario De la Calle, que levaba catro anos destinado na India, foi destituido ao mes seguinte e suspendido de emprego e soldo

G24.gal 27/02/2026 14:10

Os audios desvelados polo diario El País revelan condutas de maltrato laboral continuo por parte do comisario Emilio de la Calle cara unha funcionaria baixo o seu mando.

Nalgúns fragmentos o acoso laboral deriva en ameazas físicas e mesmo no recoñecemento de agresións xa cometidas.

En marzo de 2025 o Ministerio de Interior recibiu a denuncia da axente. O comisario De la Calle, que levaba catro anos destinado na India, foi destituido ao mes seguinte e suspendido de emprego e soldo.

Desde o sindicato Jupol, o maioritario na Policía Nacional, aseguran que xa en 2020 denunciaran as súas condutas cando De la Calle estaba á fronte da Xefatura Superior de Cataluña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade