Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a instalar barreiras naturais para que a cinza non chegue aos ríos

Comezan a instalar barreiras naturais para que a cinza non chegue aos ríos

As primeiras intervencións estanse facendo en Ponteceso, Lousame e Meaño

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil solicitoulle unha reunión para poñer en marcha un plan de choque nas contornas fluviais 

G24.gal 31/08/2025 14:37 Última actualización 31/08/2025 21:22

A Consellería de Medio Ambiente anunciou que xa está instalando barreiras naturais para evitar que a borralla dos incendios forestais sexa arrastrada aos ríos coas chuvias que comezaron a caer. 

A conselleira especificou que Augas de Galicia ten desde hai anos contratos pluarianuales de conservación e mantemento fluvial, polo que pode actuar "con urxencia fuxindo de actuacións puntuais" e, en concreto, xa está a instalar estas barreiras, que consisten en acolchados de palla ou mulching, cordóns vexetais a base de ramas e troncos procedentes da contorna que sufriu o incendio, ou barreiras de madeira transversais ao leito dos ríos.

Os primeiros traballos desenvólvense na parroquia de Cospindo, en Ponteceso, en máis de 400 metros do regacho de Bouzas; en Lousame para tentar evitar arrastres ao río Tállara; e en Meaño para evitar que as choivas provoquen arrastres e contaminación nos regachos.

A Consellería deu a coñecer estas intervencións en resposta á solicitude dunha reunión presentada pola Confederación Hidrográfica do Miño- Sil, dependente do Goberno central, para poñer en marcha un plan de choque nas contornas fluviais.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade