Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta asumirá os custos da mudanza da RAG durante a reforma do edificio

A Xunta asumirá os custos da mudanza da RAG durante a reforma do edificio

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, asegura que a Academia seguirá comprometida coa Coruña como fai dende 1905

As obras de reforma do edificio actual, que fora propiedade de Emilia Pardo Bazán, durarán dous anos

G24.gal 10/10/2022 15:12

A primeira visita de Alfonso Rueda como presidente da Xunta á Real Academia Galega (RAG) coincide co inicio da mudanza do legado que custodia ao polígono coruñés de Pocomaco durante os dous anos que levará a reforma do edificio da rúa Tabernas, que fora propiedade de Emilia Pardo Bazán. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, asegura que a Academia seguirá comprometida coa Coruña como fai dende 1905.

"Tivemos ofertas (de traslado), e non falo de Santiago de Compostela, que tamén, senón doutras cidades galegas. Pero a Real Academia Galega en ningún momento pensou en deixar a súa ubicación histórica nesta cidade", dixo Freixanes.

A Xunta vai sufragar os traslados de material histórico, a instalación e a seguridade cunha achega que pode variar cada ano segundo as necesidades. No 2023 o presuposto será de 300.000 euros. Alfonso Rueda compromete o apoio do Goberno galego para garantir a actividade da Academia.

"Ao galego quédanlle dende a Administración tarefas pendentes de mantemento e de fomento e por iso eses plans que temos en marcha fará fomento no deporte, nas familias ou nas novas tecnoloxías. Fan falla investimentos potentes e por iso presentamos un proxecto ao PERTE das linguas en colaboración coa Academia", defendeu Rueda.

A reforma da sede da Academia, que asumirá o Ministerio de Transportes con 2,5 M, comezará en decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos