Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba 43 millóns para tres proxectos de acuicultura en Burela, Cervo e Cambados

A Xunta aproba 43 millóns para tres proxectos de acuicultura en Burela, Cervo e Cambados

Burela acollerá a primeira planta de cría de salmón de Galicia e haberá dous novos criadeiros de linguado en Cervo e Cambados

Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, estes proxectos permitirán crear arredor de 150 empregos

G24.gal 06/10/2025 18:57

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión semanal deste luns destinar 43,2 millóns de euros para a posta en marcha, cofinanciadas polo Fempa, de tres novas instalacións de acuicultura: a construción en Burela da primeira planta de cría de salmón de Galicia e dous novos criadeiros de linguado en Cervo e Cambados. Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, estes proxectos permitirán crear arredor de 150 empregos.

Con máis de 2.600 empresas e 200 millóns de facturación anuais, Galicia é unha potencia europea no sector da acuicultura que a Xunta quere impulsar, apuntan, atraendo novos investidores. E nesa liña acaban de aprobar 43 millóns de euros para ampliar os criadoiros de linguado que Stoltsea Farm ten en Cervo e Aquacria Arousa en Cambados, e construirase a factoría de salmón que a empresa norueguesa Seafood Legacy prevé empezar a construír en Burela a finais deste ano.

3.000 toneladas de salmón

As instalacións da factoría de Burela ocuparán uns 25.000 metros cuadrados, onde se producirán unhas 3.000 toneladas de salmón. A conselleria do Mar, Marta Villaverde, destaca que esta iniciativa, apoiada pola Xunta con 25 millóns de euros, terá un "enorme impacto" en materia laboral, pois suporá a creación de ata 100 postos de traballo directos e indirectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade