Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aproban 421 prazas para postos de difícil cobertura do Sergas por concurso de méritos

Aproban 421 prazas para postos de difícil cobertura do Sergas por concurso de méritos

A convocatoria será para paliar a falta de médicos nalgunhas especialidades e zonas

G24.gal 23/03/2023 16:43 Última actualización 23/03/2023 20:39

O Consello da Xunta aprobou este xoves unha oferta de emprego público de 421 prazas para postos de difícil cobertura no Sergas. A convocatoria será por concurso de méritos, sen oposición, para paliar a falta de médicos nalgunhas especialidades e zonas.

Das 421 prazas que convocará o Sergas 116 serán para médicos de distintas especialidades en hospitais comarcais, 72 para médicos de familia en centros de saúde, 60 para pediatras de primaria e 173 para profesionais de saúde mental.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que Galicia é "pioneira" neste sistema para paliar a falta de médicos e lembrou outras medidas nesta liña como as "melloras nas retribucións ou a oferta dun contrato estable de tres anos aos mir de familia".

O Consello da Xunta tamén aprobou este xoves a expropiación dos terreos onde se construirá unha das primeiras obras visibles do novo hospital da Coruña: a Torre Polivalente, que ten un orzamento de 37 millóns. Prevén licitala no segundo trimestre deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade