Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta amplía o servizo de autobuses entre Vigo e o aeroporto de Santiago

A Xunta amplía o servizo de autobuses entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Habilítase unha liña máis por semana e outra os domingos con saída desde a estación intermodal de Vigo

Os usuarios afectados polo peche temporal da terminal de Peinador contarán con máis facilidades para coller os voos

G24.gal 20/05/2024 13:53

Desde o peche de Peinador, a posta en marcha do servizo de autobuses entre Vigo e o aeroporto Rosalía de Castro está a facilitar a mobilidade aos viaxeiros. 

A Xunta de Galicia amplía o servizo desde este luns incorporando unha liña máis durante a semana e outra os domingos e festivos. Din os usuarios que é a mellor alternativa mentres duren as obras da pista de aterraxe que manteñen pechado o aeroporto vigués. 

As novas frecuencias incorpóranse de luns a venres ás sete da tarde e os domingos e festivos ás sete e media. Ademais tamén se amplía outra liña en sentido inverso, de Santiago a Vigo. Neste caso sairá ás dez e cinco da noite de luns a venres e ás dez os sábados e domingos. 

O aeroporto de Peinador permanece pechado desde o pasado oito de maio por obras na pista de aterraxe. Os traballos avanzan a bo ritmo, segundo Aena, que mantén a data de apertura para o próximo 31 de maio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar